Wednesday 15 de May de 2024

Obradoiro de autocoñecemento activo para mulleres arredor da menopausa e a perimenopausa


Coñecerse é vivirse é un obradoiro de autocoñecemento activo arredor da menopausa e a perimenopausa (climaterio) dirixido a mulleres. Con el, favorecerase o desenvolvemento de ferramentas e coñecementos, co fin de conseguir un estilo de vida positivo e saudable, reflexionando e introducindo outra mirada sobre as manifestacións da menopausa, o climaterio e a sexualidade.

O obradoiro realizarase o martes 25 e o xoves 27 de abril, na Casa da Cultura de Perillo, de 5 a 7 da trade. É posible apuntarse desde mañá venres ata o 20 de abril a través da web do Concello, en Participa, no apartado de Actividades Sociais.

Esta actividade está desenvolta no marco de actuación do II Plan de Igualdade, e ten como finalidade crear un espazo seguro e amable, no que poder coñecernos e nutrirnos e, así, vivir de forma máis sa, satisfactoria e desde o coñecemento, para con nós mesmas.

É un obradoiro vivencial e, como tal, traballarase cunha metodoloxía activa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal, creando un ambiente acolledor e agradable, no que resulta doado falar das propias emocións, preocupacións e dúbidas.

Para obter máis información é posible dirixirse ao teléfono 981 610 ou ao correo igualdade@oleiros.org.